Ninhodaguia - Veludo & Algodón

from by Varios Artistas

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €0.25 EUR  or more

     

lyrics

Meu corazón non sinte nada
Sen dirección vai na autoestrada

Quere esquecer ficar sosinho
Meu corazón devagarinho

Meu corazón ven da cadea
Por que roubou unha lua chea
Nun estanque propiedade privada
Onde unha noite a lua se miraba

Pobre corazón, de veludo e algodon
Pobre corazón coa sua caixiña branca de cartón

Meu corazon ten arrebatos,
Rabuña as veces igual que os gatos
Desfai novelos, caza razóns
Pensa que o rei de corazóns
Pero e tan bo e agarimoso
Que non sei como negarlle nada
As veces penso que é un tesouro
As veces coido que se me apaga

Pobre corazón, de veludo e algodón
Pobre corazón coa sua caixiña branca de cartón

Pobre corazón, de veludo e algodon
Pobre corazón co a sua caixiña branca de cartón

credits

from Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco, released July 15, 2012
"Veludo & Algodón foi gravada durante os ensaios preparando este proxecto de duo que tiñamos Magín e mais eu. Orixinalmente está cantada por Magín e por moitas razóns faciame moita ilusión incluila no disco, unha delas é por que vese representado perfectamente o espírito cru de Ninhodaguia. Canteina pouco antes de mandar todo a masterizar, no último segundo, dias despois diagnosticáronme unha neumonía, o final nótases que estou desexando rematar de cantar, os pulmóns xa non daban moito mais" Daniel Alonso a.k.a. O Neno Elliott

Voz, coros e guitarra: Daniel Alonso
Guitarra: Magín Blanco
Contrabaixo: David Cid

Gravado en Pardieiros Inc en Abril 2011 e Maio 2012

Letra e música: Magín Blanco
Versión orixinal: Inédita

tags

license

all rights reserved

about

Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco Galicia, Spain

Despois dun accidente que imposibilita seguir tocando a guitarra a Magín, mais de 30 músicos colaboran para levar a cabo esta ben merecida homenaxe.

contact / help

Contact Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco

Streaming and
Download help

Redeem code