Malvela - Pola rúa de San Pedro

from by Varios Artistas

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €0.25 EUR  or more

     

lyrics

Cantora que ves cantando esta doce melodía,
canta que estou agardando, canta que estou agardando
a que chegue o novo día.

Cantora que ves cantando cántame a túa canción
porque aínda levo gravado, porque aínda levo gravado
espiño no corazón.

O teu canto ha de ser leve pra que non faga ferida,
o querer ha de ser fondo, o querer ha de ser fondo
pra que dure toda a vida...

O merlo tamén cantaba pra fuxir da soedade,
a soedade xuraba, a soedade xuraba
que ela non facía male.

Pra chegar a Compostela guiábame pola lúa.
Pola rúa de San Pedro, Pola rúa de San Pedro meteuse na casa túa.

Aquí vai a despedida, aquí vai a derradeira,
se tes o corazón roto, se tes o corazón roto
non haberá quen o queira...

credits

from Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco, released July 15, 2012
Letra e música: Magín Blanco
Versión orixinal: Malvela “Raianas” (Folk Música 2011)

tags

license

all rights reserved

about

Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco Galicia, Spain

Despois dun accidente que imposibilita seguir tocando a guitarra a Magín, mais de 30 músicos colaboran para levar a cabo esta ben merecida homenaxe.

contact / help

Contact Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco

Streaming and
Download help

Redeem code