/
  • Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

     €0.25 EUR  or more

     

lyrics

Cando chova forte e semellen non ter fin
as neboiñas que roldan por aquí,
terás o meu abrigo, o meu corazón amigo
para ti.

Cando chova forte e se volva todo gris,
e nada quede xa por descubrir,
faremos unha ruta de Malpica ata Calcuta
para fuxir.

Irei na túa equipaxe,
serei a cor da túa paisaxe
e farei todo o camiño xunto a ti.

Non hai máis segredo,
hoxe o sol volve a estar ledo,
o arco da vella a piques de saír.

Os paxaros cantan, cando o ceo aclara,
nunca choveu que non escampara.
Seco ou mollado, estarei sempre o teu lado
pra seguir.

Irei na túa equipaxe...

credits

from Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco, released July 15, 2012
Gravada en Sausalito

Oscar Quant: Voz, mandolina, guitarra, teclados, baixo, xilófono.
Cintia: Voz
Amparo Arias: coros
Quincho: coros e guitarra

Letra e música: Magín Blanco
Versión orixinal: Magín Blanco - “A nena e o grilo” (OQO Editora - 2010)

tags

license

all rights reserved

about

Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco Galicia, Spain

Despois dun accidente que imposibilita seguir tocando a guitarra a Magín, mais de 30 músicos colaboran para levar a cabo esta ben merecida homenaxe.

contact / help

Contact Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco

Streaming and
Download help

Redeem code