A canción "Todo está por vir" foi feita por Magín para min.
Eu adapteina ao meu estilo, ao meu xeito.
Foi incluída no meu terceiro traballo discográfico "Interior", gravado en Casa de Tolos por Pablo Casal e sendo productores musicais e artísticos Uxía, Sergio Tannus e o propio Emilio Rúa.
En canto escoitei este tema unha noite de verán en Allariz no coche de Magín (nunha cassette curiosamente) souben enseguida que naquela maqueta había unha moi boa canción…e así foi.
Gracias por sempre Magín.
Emilio Rúa.
lyrics
Hai un tempo pra agardar, hai un tempo pra fuxir,
hai un un tempo pra calar o que non che vou dicir.
Hai camiños polo mar, hai ronseis polo chan,
vai e ven o camiñar, as ondas veñen e van.
Hai un tempo pra todo e non hai tempo pra nada,
un tempo pra cada cousa e cada cousa o seu tempo.
Procurei na túa pel unha sorte que acadar,
pero o que había de ser ía no vento a voar.
Hai un tempo pra esquecer e outro tempo pra lembrar.
Pedíchesme o corazón pero non cho podo dar,
que sin el non sei vivir, sin el non podo chegar
onde queira que estean os teus ollos a mirar.
Hai un tempo pra ferir e outro tempo pra sandar.
Pedíchesme o corazón pero non cho podo dar,
que sin el non sei vivir, sin el non podo chegar
onde queira que estean os teus ollos a mirar.
Queda xunto a mín porque todo está por vir,
todo, todo está por vir...
credits
from Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco,
released July 15, 2012
Gravada en Casa de Tolos por Pablo Casal
Productores musicais e artísticos: Uxía, Sergio Tannus e Emilio Rúa.
Letra e música: Magín Blanco
Versión orixinal: Emilio Rúa “Interior” (PAI Música 2010)
Tamar Berk pairs trenchant autobiographical lyrics with brittle guitars for songs that will win over fans of early Liz Phair. Bandcamp New & Notable May 8, 2022
Ben Wheeler uses an East German synthesizer and a Soviet flanger to create hauntingly weird yet bright and open electronic soundscapes. Bandcamp New & Notable Feb 10, 2022
20 years into her career, Kate Nash returns with her debut for Kill Rock Stars, full of the rich songwriting for which she’s known. Bandcamp New & Notable Mar 20, 2024
On the first new High Llamas record in 6 years, Sean O’Hagan creates abstract tracks that reflect the kaleidoscopic palette of modern pop. Bandcamp New & Notable Jan 13, 2024
New York duo showcase an enigmatic blend of math rock guitars, pop-punk sing-a-longs, emo confessionals, and even rave-ready synths. Bandcamp New & Notable Nov 15, 2023